Seguidores e seguidoras

viernes, 17 de noviembre de 2017

Fotos, fotos!

Este pasado xoves estivemos experimentando coas TIC, e para comezar estamos a coñecer como funciona una cámara de fotos. Aprendemos unha palabra moi rara: trípode, e con rapidez convertémonos en fotógrafos/as. Estivemos sacando fotografías que nos servirán para unha montaxe que xa vos ensinaremos... Pero mentres tanto, aquí vos queda unha mostra da posta en práctica... e das fotos que elas/es mesmas/os sacaron! Son uns/unhas artistas!


Magosto '17

O pasado martes 14 de novembro celebramos no centro o MAGOSTO, comendo castañas asadas e divertíndonos con diversos xogos populares como os aros, carreira de culleres ou de sacos, xogar aos bolos ou con tirachinas... Pasámolo xenial! Compartimos aquí con vós unhas fotos da festa... Espero que vos guste!


sábado, 11 de noviembre de 2017

Taller multisensorial

Nas sesións de PELO, ademais de estimulación da linguaxe oral, tamén estamos a realizar talleres multisensoriais para traballar os sentidos e descubrir o mundo a través deles... A profe Elena sempre nos sorprende con experiencias marabillosas... Unha delas foi descubrir o tacto de diferentes cousas como: garabanzos, lentellas, fariña, pompóns, macarróns... e despois, máxicamente, todo isto meteuse nunhas mans sensoriais coas que xogar, experimentar... que tiñamos que emparellar...
Pasámolo xenial! Aquí a proba:




Proxecto do nome II

Algunhas fotiños de actividades que seguimos a facer dentro do proxecto do nome...

Traballamos no recuncho das letras...


E tamén investigamos cal era o nome máis curto e máis longo da clase... entre outras moitas cousas...



Aniversario Eixa

O pasado xoves celebramos o aniversario de Eixa, que xa ten 3 anos!
Grazas polo biscoito! Estaba riquísimo!

Parabéns Eixa! 








lunes, 6 de noviembre de 2017

Caras divertidas

No noso proxecto do nome sempre hai momentos para divertirse... e como o monstro do conto: Monstruo Triste, Monstruo Feliz; volvémonos de cor violeta e propuxémonos poñer caras divertidas para despois traballar cos nosos nomes cun xogo que a profe fixo con pinzas, letras... traballando tamén a motricidade fina... Témolo no recuncho das letras e encántanos!


Samaín 2017

Aquí vos deixo un resumo do que fixemos neste pasado Samaín no noso cole... Entre a decoración que fixemos en Infantil, os disfraces, as cabazas que trouxestes as familias e as merendas terroríficas saudables... foi unha festa xenial! A sandía tenebrosa tivo moito éxito, grazas pola colaboración! Ademais os nenos e nenas de 4 e 5 anos fixeron cabazas con mandarinas e pantasmas con plátanos!