O outro día veu visitarnos unha persoa moi especial á nosa aula... Rebeca! A nosa profe de 3 anos, á que botamos moito de menos.
Estivo todo o día con nós para axudar a Marilina, que moito llo agradece!
Ademais de bicos e apertas, que son o mellor regalo, tróuxonos un agasallo moi especial para que quedara na nosa clase: un conto! Que nos encantou! GRACIAS!
Por suposto pedímoslle que nolo lera, e prestamos moita atención!
Esperamos que volvas pronto!



No hay comentarios:
Publicar un comentario