A semana pasada estivemos a traballar tamén coas matemáticas na hora dos recunchos, aproveitando diferentes xogos...
Creando formas xeométricas e diferentes conceptos matemáticos (arriba/abaixo...) a partir de "pauíños" de cores, ao dominó... Tamén aproveitamos a crear formas con triángulos, rombos... Puxemos a proba a nosa memoria cos xogos de "memory" e a nosa imaxinación para crear obras de arte cos "pinchos"... Ademais de xogar cun xogo matemático que temos na aula un pouco difícil, pero que xa controlamos perfectamente!
Que ben o pasamos!
Música de "Mamá Cabra"
No hay comentarios:
Publicar un comentario