Seguidores e seguidoras

martes, 21 de marzo de 2017

Kamishibai

A semana pasada tamén tivemos unha visita á nosa aula... veu Yolanda, a mamá de Lorenzo, a ensinarnos unha historia empregando un kamishibai, un teatriño de orixe xaponés. Como a mamá de Lorenzo é arqueóloga, explicounos que ela atopaba obxectos que usara a xente fai mooooitos moitos anos. E como a nena da historia, fixemos a nosa propia cunca de barro que hoxe levaremos á casa para que vexades... Que ben o pasamos! Aprendimos moito e gustounos moito traballar co barro... 
Volve cando queiras Yolanda!







3 comentarios: