Por se non sabedes, o día 23 de abril foi o día do libro. Entón, nós decidimos que tiñamos que facer algo... E reflexionando... démonos de conta de que algúns contos da nosa biblioteca de aula estaban rotos, ou coas páxinas soltas...
Entón, a partir de agora, na nosa aula haberá un "hospital de contos". Cando vexamos que un conto está roto ou necesita arreglarse... poñerémolo no noso "hospital" e cando esteamos traballando nos recunchos, unha ou un de nós terá que axudarme a coidar os contos para que poidan volver á nosa biblioteca... Así tamén traballamos responsabilidade e valores... Que vos parece a idea? A nós encantounos! E quedounos xenial!


Boa idea!
ResponderEliminar