Seguidores e seguidoras

lunes, 11 de diciembre de 2017

Experimento: abracadabra!

No mes de novembro, aproveitando todo o traballado no Samaín, animámosnos a facer un experimento que semellaba unha pócema máxica... Xa veredes!

Para facelo necesitamos:

- Vinagre
- Colorante alimentario
- Deterxente
- Bicarbonato

O resultado é moi chamativo, e non hai máis que ver o vídeo para ver a expectación e ilusión que causou nos nosos alumnos e alumnas!!

A reacción química que provoca a mestura destes elementos crea unha escuma que, ao botarlle colorante, ten cores moi vivas creando un resultado máxico!

Mirade, mirade!



Déixovos aquí o enlace á paxina do proxecto do centro onde se atopa o vídeo deste experimento, botádelle un ollo: https://experimentovi.blogspot.com.es/2017/12/experimento-abracadabra.html

No hay comentarios:

Publicar un comentario