Esta última semana estivemos a traballar a María Wonenburger, unha muller nada en Oleiros, matemática galega que foi investigadora nos Estados Unidos e Canadá.
Gracias a ela, descubrimos que as "matemáticas" son os números, as figuras xeométricas, o tempo... e decidimos adentrarnos máis neste mundo...
Por iso leveilles esta semana uns xogos matemáticos cos que imos aprender moitas cousas, coma sumar... traballar a motricidade fina...
Aquí déixovos vídeos dos primeiros contactos coa "máquina de sumar " e o xogo dos candados... encantáronlles!!
Agora terémolos na aula para convertírmonos en todos uns matemáticos e matemáticas!

Xenial! Que boa maneira de aprender.
ResponderEliminarA verdade é que lles gusta moito! Pouco a pouco imos avanzando ;)
Eliminar