Seguidores e seguidoras

martes, 24 de enero de 2017

"Vacío"

Seguros que moitas e moitos de vós preguntástevos que era iso dunha "nena cun burato na barriga"... 

Porque estivemos a traballar cun conto de Ana Llenas titulado: "Vacío" que fala de como nos sentimos cando perdemos algo ou alguén...

É un conto moi bonito, cunhas ilustracións xeniais, que aos nenos e nenas encantoulles...

Déixovos o vídeo co que comezamos a traballar este conto... para animar ás nenas e nenos a que vos conten o final...



Ademais, tamén eles crearon mundos máxicos para "Julia", a protagonista do conto... Corazóns, cores... Botádelle un ollo! ;) 




É a mesma autora que o conto: "Monstruo de colores", seguro que vos soa...

Vós tamén podedes crear mundos máximos para Julia na casa, déixovos o enlace da imaxe con Copyright para imprimir :) 




2 comentarios: