Aínda que por falta de tempo non puidemos adicarnos en profundidade a estudiar Asia... a verdade é que fixemos moitas cousas.
Por exemplo, as preciosas paisaxes que teñen por alí... como as que nos trouxo Brandão.
Entre elas descubrir diferentes lendas como a de "El pez Cham" a través dun conto que nos trouxo Aroa...
Ou "La maceta vacía" que nos trouxo Antón. A partir desta última estivemos a plantar as nosas propias sementes dunha flor que se chama "Rosa das Indias", moi acorde ao noso proxecto. Esperamos que a coidedes moito e me enviedes fotos se ao final conseguimos que medren as plantas!
Descubrimos xoguetes cos que xogan os nenos e nenas de Vietnam grazas á familia de Anh Tu...
Ademais, tamén estivemos falando das súas tradicións, entre elas o Aninovo que eles celebran entre o mes de xaneiro e febreiro... Con dragóns, como os que nos trouxo Anh Tu, e con fogos artificiais... entre outras cousas...
Mirade que bonito quedou!







No hay comentarios:
Publicar un comentario