Seguidores e seguidoras

martes, 6 de junio de 2017

Viaxamos a Sálvora!!

Hoxe viaxamos á Illa de Sálvora. 
Despois de chegar en autobús a O Grove, collimos o barco, que nos encantou...
E Rosi, a nosa monitora, explicounos un montón de cousas da Illa de Sálvora... A historia daquelas persoas que fai anos vivían alí, toda a fauna que podemos atopar... como coellos, cabalos salvaxes, gaivotas, cervos... Vimos formigueiros, madrigueiras dos coellos, e moitas cagadas dos animais que alí están!! Incluso gaivotas aniñando.
Despois de merendar tamén vimos a aldea na que vivían os habitantes da Illa, o lavadoiro, os hórreos que construíron...
E fixemos unha ruta de sendeirismo ben completa!
Despois, de volta a O Grove, comimos nun parque e pasámolo xenial!
A verdade é que se portaron moi ben, foi un bo día!


No hay comentarios:

Publicar un comentario