Seguidores e seguidoras

domingo, 25 de febrero de 2018

Aprendemos xogando

Igual ás veces pensades/pensamos que as nenas e nenos cando están xogando no parque ou no patio só están facendo iso... xogar. Pero, que equivocados/as estamos!
Aprenden a resolver conflitos de forma pacífica, a compartir, a esperar a súa quenda, a traballar a imaxinación a través do xogo simbólico, descubren e coñecen os seus límites, establecen novas relacións sociais cos seus iguais e cos adultos, exploran o mundo que os rodea, traballan a psicomotricidade fina e grosa... e así, ata facer unha longa lista... que conseguimos mentres eles/as son felices "xogando". Aquí unha pequena mostra:




No hay comentarios:

Publicar un comentario