Fai unhas semanas fixemos o primeiro experimento a nivel aula... A profe trouxo un día unhas boliñas que tivemos que meter en auga... e observar durante toda a mañá para descubrir que cada vez medraban máis e máis... ata que puidemos xogar con elas e descubrir que se encheran de auga... Tivémolas uns días na mesa sensorial da aula... e despois metémolas en botes para xogar na mesa de luz...
Ademais, hai novos xogos na mesa de luz, onde traballamos lóxica - matemática, asociación e tamén o esquema corporal... Que ben o pasamos!!!
Agora a nosa mesa sensorial ten cousas novas (pompóns, macarróns...) e encántanos crear con elas... Gústavos?














No hay comentarios:
Publicar un comentario