Que sí! Que fixemos a nosa propia nocilla... e o máis importante... sen azucre!
Compartimos a receita para que a fagades na casa:
Ingredintes:
125 gr de abelás tostadas naturais
3 culleradas de cacao puro
2 culleradas de mel
6 dátiles
1 vaso de leite desnatada
Preparala é moi doado... Cunha batidora trituramos as abelás ata que se faga unha pasta, despois engadimos o leite e seguimos triturando... e rematamos de engadir todos os demais, ata que nos queden ben mesturados, e teñamos feita a nosa nocilla!
Nós, para darlle máis corpo á receita, fixemos despois bocadillos... traballando formas xeométricas, cantidades, metade... etc. Pero vós tamén podedes empregala para untar con froitas, por exemplo.
Aquí tedes o moito que lles gustou:
No hay comentarios:
Publicar un comentario