Seguidores e seguidoras

domingo, 13 de mayo de 2018

PROXECTO COCIÑA: FACEMOS PIZZA

Aínda que isto foi fai xa uns cantos días, non tiven tempo de publicar antes todo o que estivemos a facer estas semanas!!! Así que, espero poñerme ao día rapidiño...

Aquí tedes o vídeo onde vos ensinamos que o xoves 26 de abril fixemos coa nai de Brais pizza caseira!! Que ben o pasamos!!!

MOITÍSIMAS GRAZAS POR VIR COCIÑAR CON NÓS, RAQUEL!


É xenial cando as familias participades nos proxectos de aula!



Déixovos aquí os ingredintes necesarios para a masa:


- Fariña (pode ser especial para pizza ou normal): unos 220 gr (se non lembro mal)
- Auga tibia
- 3 culleradas de aceite de oliva
- Sal
- Se empregades fariña normal, habería que engadir levadura.

Mestúranse todos os ingredintes, amásase e déixase reposar sobre uns 20 minutos...

Despois estiramos a masa, e engadimos:

- Salsa de tomate natural: con ourego natural que trouxo Raquel + sal + albahaca
- Queixo, neste caso foi mozzarella
- Xamón
- Ourego

Despois... ao forno! E a comer! Comérona toda toda, e iso que fixemos dúas pizzas! Quedou riquísima!!!

Animádevos a facela na casa!


1 comentario:

  1. Encantada de pasar un ratiño cos nenos!!!
    Eu tamén o pasei moi ben!!!

    ResponderEliminar