Os primeiros días de clase estivemos a descubrir a nosa nova aula, os materiais, xoguetes... á nosa disposición... E un día, na asemblea, atopamos unha bolsa cunha mensaxe...
Dende moi lonxe chegou á nosa aula unha chimpancé!
Entre todos escollemos o nome da nosa mascota mediante votación...
E a opción máis votada foi... MONITO BONITO!
A partir de agora, a nosa mascota irá viaxando polas vosas casas... e tedes que axudarnos a recoller as súas aventuras neste libro...
Lorenzo e Lúa xa a levaron!
Quen será o/a seguinte?



No hay comentarios:
Publicar un comentario