Seguidores e seguidoras

lunes, 24 de octubre de 2016

Traballamos con "Monito bonito"

Moitas gracias ás familias que xa estades colaborando co libro viaxeiro de Monito Bonito! :)

Nas asembleas estivemos a descubrir cousas sobre os monos: onde viven, que comen... E decidimos que tiñamos que facer unha árbore con froitas para a nosa mona... con follas de cores do outono! Quedounos xenial.


Tamén estivemos a traballar a "evolución", posto que algúns nenos e nenas contáronnos que os SERES HUMANOS vimos dos MONOS... entón estivemos a traballar as diferenzas e semellanzas entre nós e os monos... 
Descubrimos que por dentro, temos moitas cousas iguais: dous pulmóns, un corazón, un estómago...

Fixemos os nosos propios pulmóns para saber como funcionan...





E escoitamos o noso corazón, traballando tamén as emocións... 






Como vedes... Xa aprendemos moitas cousas... E agora estamos a aprender máis. 

Así que estade atentos! Haberá novas publicacións pronto! 

No hay comentarios:

Publicar un comentario