Alégrome moito de comezar esta aventura con vós.
Os comezos nunca son doados, pero entre todos fixemos que pouco a pouco as cousas foran acomodándose.
Os primeiros días adicámonos a decorar a nosa aula con "cadros abstractos", letreiros para as nosas cadeiras e manteis para as nosas merendas.
Pero, sobre todo, desfrutar dos reencontros, coñecer aos novos compañeiros e compañeiras, aprender xogando e LEMBRAR algunhas NORMAS para a nosa aula.
E... para lembralas mellor, fixemos uns carteis coas nosas propias fotos para algunhas delas... Queredes velas?
Tamén as poñeremos na nosa aula, QUEDARON MOI BEN!




No hay comentarios:
Publicar un comentario