Seguidores e seguidoras

martes, 1 de noviembre de 2016

Máis aprendizaxes coa nosa mascota

Con "Monito Bonito" aprendemos moitas cousas máis... 
Despois de escoitar o noso corazón, estivemos a ver os "debuxos que fai o corazón", os "electros", e traballar así a psicomotricidade fina.
(Moitas veces non todos os nenos e nenas teñen feita a actividade, por faltar ese día á clase)

Tamén estivemos a investigar canto "miden" os chimpancés, que é a raza da nosa mascota, e medímonos tamén nós para poder saber quen é a/o máis alta/o da clase, e o/a máis baixo/a (e poñernos por orde); traballando conceptos lóxico - matemáticos.


E nas asembleas, ademais de contar contos, reflexionar e dar as nosas propias ideas sobre a "evolución", tamén estivemos a experimentar, neste caso con lupas: gustounos moito ver como se aumentaba todo o que enfocabamos con elas; e descubrimos as nosas propias "pegadas dactilares" coas que quixemos facer debuxos, pero por "problemas técnicos" decidimos crear selos con goma eva, para ver como serían as pegadas dos nosos dedos... Quedáronnos super ben!








Pasámolo xenial! :)

No hay comentarios:

Publicar un comentario