O 24 de outubro organizouse no cole un "taller de cabazas" para que as familias viñerades a decorar cabazas cos nenos e nenas de Infantil, 1º e 2º de primaria.
O certo é que todos o fixestes xenial, e vese no resultado!
Ademais, durante a semana estivemos a traballar o Samaín con diferentes contos, e mentres non deixabamos de lado a "África", deunos tempo de decorar a nosa porta e facer cousas tan divertidas como unha "pócema da alegría" como fan as meigas... Co seu correspondente conxuro (que nós mesmos inventamos):
"Alegría remexerás
na túa cara aparecerá
e a alegría farase... REAL!"
A pócema tiña que ser amarela, porque na nosa clase asociamos esta emoción á cor amarela. Así que botamos colorante, boliñas rosas de bicos e cachiños de sorrisos...

No hay comentarios:
Publicar un comentario