Seguidores e seguidoras

lunes, 21 de noviembre de 2016

Seguimos avanzando con África: visita do pai de Naia

Unha das cousas que máis nos gusta de África é a súa música, de feito, esta é a nosa canción favorita: SIYAHAMBA.




Ata estamos a aprender a coreografía, xa que é doada! 
Por iso un día apareceu polas nosas mochilas esta palabra, para que buscarades o significado, posto que está noutra lingua! A ver se algún se atreve!

Recibimos tamén un CD da familia de Aroa con música africana, que sempre aproveitamos para poñer cando estamos concentrados traballando ou nos momentos da relaxación.

Incluso RECIBIMOS A VISITA DO PAI DE NAIA, DIEGO, QUE NOS CONTOU MOITAS COUSAS DA MÚSICA AFRICANA!

Contounos que en África hai moitas linguas e ensinounos que hai moitos instrumentos que se fan con material de refugallo, pola falta de recursos; ou empregando elementos da natureza como a auga... E o mellor foi: que nos trouxo instrumentos para que puidésemos tocar e practicar ritmos; que nós despois decoramos con formas xeométricas con cores dos Masai para traballar a seriación: e xa temos tambores africanos na nosa clase!








E traballando con máis instrumentos, temos un "pau de chuvia" e creamos as nosas "maracas" con arroz, que decoramos e quedaron moi bonitas.




Pero aínda fixemos moitas cousas máis... 
Estade atentos! :)

1 comentario:

  1. Preciosos e interesantes proxectos achegando aos nenos e nenas a outras culturas. Excelente traballo!!!

    ResponderEliminar