Seguidores e seguidoras

miércoles, 9 de noviembre de 2016

Día a día na aula

Pouco a pouco tentarei subir máis fotos do día a día, pero estas son algunhas que me gustaría compartir con vós.

Nas asembleas moitas veces aproveitamos para aprender xogando sobre cousas da lectoescritura ou a lóxica - matemática.


Aquí estamos a traballar a correspondencia numérica, e na seguinte foto vedes como estamos a traballar co abecedario, posto que estamos a crear o noso propio a partir dun xogo xenial; asociando unha imaxe a cada letra.


Tamén aproveitamos o momento da merenda para aprender, aquí Beltrán empregou os envoltorios dos quesiños para facer o ceo: o sol cos raios, a lúa, as estrelas...


Ademais, xa temos preparado o recuncho da biblioteca, cunha "biblioteca portátil", que fixen con dúas caixas de madeira engadíndolle rodas, para poder aproveitar o espazo (dado os problemas que temos).




E tamén aproveitamos o recuncho do xogo simbólico...


Tódolos días son unha nova aventura, e pronto vos ensinaremos TOOOODO o que estamos a aprender de África! Que xa é moitísimo! :)

No hay comentarios:

Publicar un comentario