Seguidores e seguidoras

sábado, 24 de marzo de 2018

Mural da primavera

E chegou a primavera... e con ela a oportunidade de facer un mural na que traballamos creatividade, e que ten máis traballo do que pensades... 
Comezamos cun diálogo no que traballamos varios conceptos sobre as estacións, a primavera, o tempo... E así... chegamos á conclusión de que poñer no noso mural...
Para iso, xuntos escollemos as imaxes que queriamos engadir, cales eran propicias ou non, poñéndonos dacordo e traballando a capacidade para aceptar a opinión dos demais... 
Ata que tivemos que pintar, e aí foi cando máis disfrutamos, con chorretóns de pintura, pincel en man... e a mesturar cores... traballando conceptos, como que se mesturas azul e amarelo sae verde... ou vermello con azul... violeta... ata que todos xuntos crean unha especie de marrón-gris... Que divertido!
Despois, traballamos a motricidade fina cortando tiras que farían de herba... e tamén pintando os detalles do noso mural... 
E ao pegalos? Traballamos nocións espaciais.... Que vai arriba? E abaixo?

Por todo isto, ás veces non importa tanto o resultado... máis ben o proceso!


1 comentario: