Que si, que estamos a traballar moito aínda que por aquí non aparezan cousas...
Pero e que moitas son unha SORPRESA, e se desvelamos as cousas antes de tempo... non ten gracia!!!
Así que teredes que esperar a venres para descubrilo... mentres tanto deixamos algunha pista... e algunha tarefa que traballamos na aula coa que disfrutamos e aprendemos moito á vez!
E ademais das pistas... dicirvos que tamén estivemos iniciándonos na medida... Xa temos o noso "metro", onde estivemos a descubrir a medida dalgúns animais, canto medimos, se somos máis ou menos altos ca eles... E comezamos o noso rexistro, ademais de ver se medramos cada mes! Xa veredes os resultados ao remate do curso...










No hay comentarios:
Publicar un comentario