Seguidores e seguidoras

miércoles, 28 de marzo de 2018

O porqué das portadas do 2º trimestre...

Por se vos preguntades a razón de atoparvos unhas fotos tan divertidas nas portadas dos traballos do 2º trimestre... é moi sinxela! Unha das cousas significativas neste trimestre foi o traballo sobre Jane Goodall... Nesta investigación aprendimos moitas cousas dela e tamén dos chimpancés, o seu obxecto de estudo... Ademais, preparamos unha presentación para o Salón do Libro en Pontevedra, cun audio que vos deixo aquí... algo que tamén podedes ver no blogue do proxecto de centro, onde as nenas e nenos de Primaria tamén deixaron as súas investigacións sobre outras mulleres científicas...
E... xa que aprendimos cousas dos chimpancés, entre elas que son intelixentes, decidimos imitalos escollendo cada un de nós unha postura... e quedaron xenial! :)













Aquí tedes o enlace da entrada que fala deste traballo... http://experimentovi.blogspot.com.es/2018/03/cientificas-de-libro.html



1 comentario: