Seguidores e seguidoras

martes, 23 de enero de 2018

Aportacións para o proxecto


FAMILIAS: moitas gracias pola vosa colaboración traendo información sobre o proxecto que puxemos en marcha este trimestre sobre os inventos! Estanos servindo moito para descubrir detalles de todo o que imos traballar! Xa temos o recuncho do proxecto a tope!
Ademais, Botoncitos, a nosa mascota robot á que entre todas e todos escollimos o nome, vainos ir deixando tarefas que facer... Así que tódolos días temos que estar atentas/os para ver se temos algunha mensaxe súa!
O último foi comezar co libro viaxeiro... Que como xa vos dixemos na entrada anterior... Comezou co invento do teléfono!!!

Na próxima entrada veredes a nosa experiencia cun teléfono antigo! Pasárono xenial!







2 comentarios:

  1. Ós meus gustoulles o da bici de madeira 😁.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Sii !! Encantoulles ver vídeos de bicis antigas e ver como se andaba nelas e como se empregaban!

      Eliminar