Cando xogamos nos recunchos, ademais de pasalo xenial, aprendemos un montón! Aprender xogando é o máis importante nesta etapa!
Unha das cousas nas que máis lles gusta xogar é na MESA DE LUZ , con ela todo parece máis divertido e interesante! Aquí déixovos algún exemplo, pero pronto teremos novos materiais para xogar neste espazo!
Por agora encántanos crear historias con figuras de cartón de personaxes divertidas, xogar coas botellas sensoriais (temos unhas 8 diferentes!), tamén crear os nosos nomes, ou debuxar traballando lóxica - matemática cos depresores linguais e as tarxetas guía, ou ver radiografías, coma os médicos/as!
Tamén temos unha mesa sensorial que creamos nós mesmos cunha mesa da aula... e alí xogamos a traballar con diferentes cousas... por exemplo, cos corchos traballamos a motricidade fina ao ter que collelos con pinzas e despois poñelos dentro das "hueveras" dos ovos...
E, por suposto, os recunchos das construcións e do arte, dende que temos arena máxica, teñen moito éxito!
Que vos parece?







É xenial!!!! Que ideas máis creativas!! Normal que lle encante ir o cole.E o mesmo tempo que xogan aprenden.
ResponderEliminarA verdade é que é moi divertido descubrir e aprender con eles!
Eliminar