Como xa sabedes, estamos a traballar dende o comezo do trimestre arredor dunha muller moi importante no mundo da ciencia: Jane Goodall . É unha primatóloga que baseou a súa vida en observar e estudar o comportamento dos chimpancés (e outros primates) viaxando a Tanzania, lugar onde desenvolveu o seu estudo.
Con ela estamos aprendendo moitísimas cousas, como que os chimpancés e outros animais teñen sentimentos, fanse cóxegas entre eles, dánse bicos e abrazos... Ata sabemos que comen e que crearon ferramentas para comer algunhas cousas como as noces.
Aos nenos/as encántalles descubrir cousas sobre os monos. Falamos tamén de Copito de Nieve, un gorila albino, e os seus netos, vendo como os coidan como se foran "bebés".

A verdade é que estas semanas xa deron para descubrir moitísimas cousas, e os nenos e nenas da nosa aula xa coñecen moitísimas cousas sobre Jane Goodall e a súa labor.
Iso tamén é grazas á vosa colaboración! Gracias por toda a información que trouxestes e por tomarvos un momento para investigar e falar do tema cos vosos fillos/as.
GRAZAS!
Resulta que estamos a investigar sobre ela porque imos participar nunha actividade que se propón dende o Salón do Libro de Pontevedra, cunha proposta titulada "MULLERES DE CONTO" , servíndonos para coñecer a labor de mulleres científicas e fomentar así a igualdade rendéndolles unha homenaxe.
Pronto haberá un vídeo dos nenos/as da aula contándovos todo o que xa sabemos!



Que cucos todoooos!!
ResponderEliminarSon todos e todas xeniais!
Eliminar