Seguidores e seguidoras

sábado, 20 de enero de 2018

Proxecto dos inventos

Ola!!! Tedes que desculpar que andivese un pouco desaparecida por aquí... Prometo volver con forza!

PRIMEIRO: sei que moitas/os de vós estades algo perdidas/os co do novo proxecto que puxemos en marcha na aula...

Resultado de imaxes para los inventos

Cóntovos algo máis por aquí:

Resulta que descubrimos que os científicos/as, aqueles que fan experimentos... ás veces tamén teñen ideas, disparatadas ou non, que se convirten en INVENTOS... para facernos a vida máis doada, xeralmente.
Pois... nós que somos moi curiosas e curiosos... quixemos investigar máis!!!!

O mecanismo é o seguinte: eu todas as semanas poñerei aquí o invento que esteamos a traballar e, se podedes, tedes tempo... (sempre que quede claro que nada é obrigatorio e que non é un traballo para as familias, máis ben é unha forma de que estemos conectados e permitirvos participar no día a día dos vosos fillos e fillas no cole); podedes traer material que teñades pola casa... para nós incorporalo ao noso recuncho do proxecto, e aproveitar para investigar e coñecer aínda máis do que estamos a traballar...

Para isto, creamos un libro viaxeiro, no que se adxunta unha ficha na que tedes que cubrir, simplemente: nome do invento, quen o inventou, en que país e data, e para que nos sirve hoxe en día... E, a partir de aí, traballaremos nós na aula! 

O libro levarase os XOVES e tedes de tempo ata o seguinte MÉRCORES para traer a ficha cuberta... O que si vos pido é que, por favor, o fagades vós cos nenos/as, posto que despois terán que explicar o que investigaron na asemblea aos demais compañeiros/as...

Só vos tocará facer un invento a cada familia, aínda que isto daranos para traballar co proxecto este trimestre e o seguinte. Algúns dos inventos que imos traballar nós na aula son: teléfono, bombilla, paraugas, televisor, bicicleta, fotocopiadora, ordenador, radio... Xa o iredes descubrindo no libro viaxeiro!

Espero que vos guste a idea, e que teñades ganas de descubrir con nós estas cousas tan divertidas... :)

3 comentarios:

  1. Ahhh pois xenial!!! Eu estaba un pouco perdida. Pensaba q cada un tiña q levar algún invento q tiveramos pola casa.

    ResponderEliminar
  2. Gracias por la información, porque estábamos en casa súper perdidos sin saber que hacer.

    ResponderEliminar
  3. De nada!!! Se tedes algunha dúbida, podedes preguntar por aquí ou no cole cando necesitedes!

    ResponderEliminar